As presentes condicións xerais se aplícanse, sen restrición nin reserva algunha, ás ventas realizadas por Pablo Vidal Rodríguez – Viños Con Personalidade, con domicilio en Av. Zamora 118, 4B, 32005 Ourense, aos clientes que adquiran os produtos postos á venta a través da páxina Web.

As ventas celebradas son ventas a distancia reguladas pola lexislación española vixente na materia.

Estas condicións xerais de venta son accesibles en todo momento dende a páxina Web e prevalecerán sobre calquera outro documento co que se contradigan, sen prexuízo do que dispoña a lexislación vixente.

A validación do pedido polo cliente supón a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais de venta. En caso de ser modificadas estas condicións xerais de venta serán vinculantes para todas as compras realizadas con posterioridade a súa publicación no sitio Web.

Rexistro como cliente

Para realizar o pedido é necesario que o usuario, previamente ou no transcurso do pedido, se dea de alta como cliente, para o que será conducido a unha páxina para que encha toda a información necesaria para abrirse unha conta se se trata do primeiro pedido, ou para que se identifique se xa é titular dunha conta. 

A información necesaria para abrir unha conta é: nome, apelidos, enderezo de facturación, número de teléfono, enderezo de e-mail, nome de usuario, contrasinal, enderezo de envío e NIF.

Produtos

Todos os produtos son novos, e van presentados na súa embalaxe ou precinto orixinal.

A cor de todos os produtos pódese visualizar na imaxe do produto. Debido á visualización da co no monitor e dependendo dos axustes do mesmo poden existir variacións de cor con respecto á realidade. Non poderemos aceptar cambios ou devolucións debido a que a cor non sexa exactamente a mesmo que se esperaba. Só se aceptarán devolucións se un produto chega en mal estado debido a problemas de fábrica ou problemas co transporte.

Prezos

Os prezos exprésanse en EUROS e non inclúen gastos de envío nin, no seu caso, de contra reembolso, salvo indicación expresa en contrario no produto concreto. Os prezos expostos poderán ser revisados e modificados se as condicións o requiren en calquera momento. Os produtos están dispoñibles para a súa venta ata fin de existencias.

Os produtos sérvense segundo tarifas en vigor na páxina web no momento do rexistro do pedido. Os prezos exprésanse en euros, impostos incluídos.

Formas de Pago aceptadas

a) Tarxeta de crédito ou débito

b) Transferencia ou ingreso bancario

a) Tarxeta de crédito

Pode pagar coa súa tarxeta VISA, VISA ELECTRON, Maestro e Master Card.

Garantímoslle que cada unha das transaccións realizadas é 100% segura. Todas as operacións que implican a transmisión de datos persoais ou bancarios realízanse empregando un entorno seguro (pasarelas de pago).

A tenda utiliza un servidor baseado na tecnoloxía de seguridade estándar SSL (Secure Socked Layer). Toda a información que nos transmita viaxa cifrada a través da rede. Así mesmo os datos sobre a súa tarxeta de crédito non quedan rexistrados en ningunha base de datos senón que van directamente ao TPV (Terminal Punto de Venta del Banco).

Ao pagar co tarxeta solicitaránselle sempre os seguintes datos: Nome do titular, o número de tarxeta, a data de caducidade, e un Código de Validación que coincide coas 3 últimas cifras do número impreso en cursiva no reverso da súa tarxeta, ofrecendo, desta forma, máis garantías acerca da seguridade da transacción.

b) Transferencia ou ingreso bancario

Ao seleccionar como forma de pago transferencia bancaria, no último paso da compra obterá confirmación do seu pedido mediante un correo electrónico "Confirmación de recibo do seu pedido XXXX", onde se lle indicarán os números de conta nos que efectuar a transferencia ou ingreso bancario.

Deberá indicar no asunto do correo "pedido nº xxxx" , así coma o seu nome e apelidos, e realizar a transferencia antes de 7 días hábiles a partir do día que realizou o pedido para poder validala. Non se considerará efectivo o pedido ata que se constate de forma efectiva pola nosa entidade bancaria que se efectuou o ingreso ou transferencia. En caso de que transcorridos 7 días hábiles non se reciba o pago, o pedido será cancelado (DENEGADO).

Non esqueza que debe efectuar o pago en EUROS e que todas as eventuais comisións de cambio e bancarias corren pola súa conta ao optar por este sistema de pago.

Importante: Se o pedido, unha vez confirmado e enviado, non é aceptado polo cliente este deberá facerse cargo dos gastos ocasionados. Recibirá unha factura ou xustificante de compra por correo postal e/ou correo electrónico. Todos os pedidos falsos, ou intentos de fraude, serán denunciados ante as autoridades competentes. Proporcionarase toda a información necesaria para colaborar coa investigación.

Formas de envío e prazos de entrega

Os envíos e entregas realízanse de luns a venres, agás festivos e/ou períodos de vacacións.

O importe dos gastos de envío calcúlanse automaticamente no momento de realizar o seu pedido, dependendo do destino e a forma de pago seleccionados.

Para coñecer o que custará exactamente o seu pedido seleccione os produtos que desexa adquirir,  vaia ao carriño da compra e elixa a forma de pago e a forma de envío. Aparecerá, completamente detallado o importe total da súa compra incluíndoo os gastos de envío.  Nese momento poderá decidir si continúa, ou non, co proceso de compra. Para continuar co seu pedido debe pulsar "Mercar".

As formas de envío dependen do destino así coma o prazo de entrega:

España Península

CORREOS ENVÍO A DOMICILIO (APROX. 3 DÍAS)

Pedidos de importe maior ou igual a 18 €: Envío gratuíto

Pedidos de importe inferior a 18 €: Custo do envío 7 € 

Baleares

Só se aceptan pedidos de importe maior ou igual a 100 €

O envío realízase a través de mensaxería cun custo fixo de 1.5 €/ botella de 0.75 L.

Prazo de entrega aproximado de 5 días dende a confirmación ou pago do pedido.

Canarias, Ceuta, Melilla

Póñase en contacto no correo pablovidal@vinosconpersonalidad.com ou chame ao +34 609152251 para tramitar o seu pedido. O método de pago será por transferencia bancaria. O envío realízase a través de  mensaxería cun custo fixo de 2.5 €/ botella de 0.75 L.

Neste caso os gastos dos trámites de aduanas non están incluídos no custo do envío. IMPORTANTE: É necesario que se inclúa o número de DNI, NIF ou NIE da persoa que fai o pedido, xa que é imprescindible para facer o envío.

Portugal

CORREOS ENVÍO A DOMICILIO (APROX. 3 DÍAS)

Pedidos de importe maior ou igual a 18 €: Envío gratuíto

Pedidos de importe inferior a 18 €: Custo do envío 7 € 

Envío Internacional e UE 

Só se aceptan pedidos de importe maior ou igual a 100 €

Aplicaranse as seguintes condicións: Os gastos de envío terán un custo fixo de 6 €/botella de 0.75 L.

Modos de pago aceptados: Transferencia ou ingreso bancario, ou ben tarxeta de crédito.

Neste caso os gastos dos trámites de aduanas e impostos de cada país non están incluídos no custo do envío. IMPORTANTE: É necesario que se inclúa o número de DNI, NIF ou NIE da persoa que fai o pedido, xa que é imprescindible para facer o envío.

Garantía

As garantías dos produtos son as establecidas polos fabricantes. En caso de fallo deberá poñerse en contacto con nós mediante a sección de contacto da nosa web para que teñamos constancia do produto defectuoso, autoricemos a súa devolución e lle digamos os pasos a seguir.

Con carácter xeral e salvo indicación en contrario, a garantía para o caso de venta de produtos defectuosos é de 2 anos, conforme as condicións expostas no Real Decreto Lexislativo 1/2007 que aproba o Texto Refundido da Lei para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.

Para que opere tal garantía, é necesario que o produto presente un defecto de orixe e que o cliente conserve a factura de compra do produto.

Os envíos serán sempre a portes pagados e mediante axencia ou correo certificado.

A garantía só cubre defectos de orixe, de acordo coa lexislación vixente.

É dicir, queda excluído o deterioro do produto polo seu uso habitual, así coma pola rotura ou desgaste por un uso inadecuado, que en todo caso serán responsabilidade do cliente.

Devolucións e cambios de produto: Dereito de renuncia

Produto incorrecto: Se o produto entregado non coincide co solicitado no pedido debe comunicárnolo inmediatamente. Contáctenos mediante a sección de contacto da nosa web e tramitaremos a súa incidencia o antes posible.

Aínda así o Cliente ten dereito a rescindir/renunciar o contrato, sen indicar os motivos, nun prazo de 14 días naturais dende a recepción (período de rescisión/renuncia) sempre que conserven a súa embalaxe orixinal intacta, sen uso, sen raspaduras nin embalaxe rota ou deteriorada e incluíndo toda a documentación que acompañe ao produto así coma os seus accesorios. O período de renuncia caduca pasados 14 días naturais dende a data na que o Cliente ou un terceiro (que non sexa o transportista e que o Cliente designara) recibe a mercancía.

Para exercer o dereito de rescisión/renuncia, o Cliente está obrigado a notificar á empresa acerca da súa decisión de rescindir o contrato a través dunha declaración explícita (por exemplo, unha carta enviada por correo, fax ou correo electrónico).  Para respectar o prazo de rescisión, é suficiente que o Cliente envíe a comunicación relativa ao exercicio do dereito antes de que finalice o período de rescisión de 14 días naturais.

O reembolso realizarase utilizando a mesma forma de pago utilizada polo Cliente na transacción inicial, salvo que se acorde expresamente de outra forma; en calquera caso, o Cliente non terá que soster ningún custo como consecuencia de dito reembolso. O reembolso pode suspenderse ata que se reciba a mercancía ou ata que se reciba unha proba por parte do consumidor de que se reenviou a mercancía, se se realiza con anterioridade. Por elo o cliente deberá realizar un correcto empaquetado que asegure o seu transporte sen danos. Unha vez recibido e comprobado polo noso persoal que o produto está no mesmo estado en que foi enviado, procederase ao reintegro do importe do artigo. Se a devolución do teu pedido ó por outros motivos que non sexan: defectos dos artigos, envío incompleto ou envío incorrecto, non seremos responsables dos custos da devolución.

En calquera caso, o Cliente non poderá exercer o dereito de rescisión/renuncia se se trata de mercancías seladas que:

-  non se pode devolver por motivos de hixiene ou relacionados coa protección da saúde

- ou que se abriran e usaran despois da entrega, sempre que o motivo non sexa un defecto de fabricación.

Non se admitirá devolución sobre os produtos nin tampouco sobre os produtos fabricados a demanda do cliente

Para admitir a devolución dun produto:

- deberá enviarse na súa embalaxe orixinal;

- deberá estar en perfecto estado;

- sen ter sido utilizado;

- e acompañado de todos os seus accesorios e documentos.

En caso de que o cliente cumprira todos os requisitos que aquí se expoñen, Pablo Vidal Rodríguez – Viños Con Personalidade comprométese a reembolsarlle ao cliente o prezo do produto devolto antes de trinta (30) días dende a recepción do produto en cuestión. O reembolso poderase facer mediante ingreso na tarxeta de crédito ou cheque bancario. Infórmase ao cliente de que os gastos de devolución serán ao seu cargo, nas condicións expostas anteriormente.

Propiedade Intelectual 

O contido desta páxina web é propiedade de Pablo Vidal Rodríguez, e atópase protexido pola lexislación española e internacional relativa á propiedade intelectual.

Toda reprodución parcial ou total está expresamente prohibida e podería constituír un ilícito civil e penal.

Pablo Vidal Rodríguez propietaria de todos os dereitos de propiedade intelectual sobre os estudios, deseños, modelos e prototipos realizados para prestar o servizo ao cliente que poidan aparecer na web. O cliente ten prohibida toda a reprodución e explotación dos mencionados estudos, deseños, modelos e prototipos sen autorización previa, expresa e escrita de Pablo Vidal Rodríguez, quen poderá condicionar dita autorización á obtención dunha contrapartida económica. 

Litixios

Infórmase ao cliente que calquera controversia ou litixio ao que poida dar lugar o presente contrato poderá resolverse nos Xulgados e Tribunais españois correspondentes ao domicilio do consumidor.

Lexislación Aplicable

A lexislación aplicable será a vixente en España ou no seu defecto na Unión Europea.

Protección de Datos de Carácter Persoal

Estarase ao disposto no apartado 'Política de privacidade'

Contacto

Pode contactar con nós dende a sección CONTACTO

Live Theme Editor

Clear

Those Images in folder YOURTHEME/assets/img/patterns/

  • Attachment
  • Position
  • Repeat
Clear
Clear

Those Images in folder YOURTHEME/assets/img/patterns/

  • Attachment
  • Position
  • Repeat
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear

Those Images in folder YOURTHEME/assets/img/patterns/

  • Attachment
  • Position
  • Repeat
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear

Those Images in folder YOURTHEME/assets/img/patterns/

  • Attachment
  • Position
  • Repeat
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear

Those Images in folder YOURTHEME/assets/img/patterns/

  • Attachment
  • Position
  • Repeat
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear
Clear

Nuevo registro de cuenta

¿Ya tienes una cuenta?
Entrar en vez O Restablecer la contraseña
SSL secured by Redalia Instant SSL