RENACIDO Branco de Garda 2020 D.O. Ribeiro.
Botella de RENACIDO de Garda 2019: Viño Branco D. O. Ribeiro. Delicado, honesto e complexo.
Colleita 2020
Treixadura, Godello, Albariño, Lado.
Os pack de 2, 3 e 4 inclúen estoxo personalizado. Os de 5 e 6 botellas entréganse en caixa.
Botellas | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | >=6 |
Maldito | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Renacido | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Luxuria | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Rock&Roll | 20.00 | 19.50 | 19.33 | 19.00 | 18.80 | 18.67 |
Big Bang | 19.00 | 18.50 | 18.33 | 18.00 | 17.80 | 17.67 |
Pago 100% seguro con VISA, VISA ELECTRON, Maestro e Master Card.
Envío gratuíto en pedidos de máis de 2 botellas para España (península) e Portugal.
Devolucións nun prazo de 14 días naturais dende a recepción do pedido.
Para pedidos superiores a 48 botellas póñase en contacto.
Un viño de Garda, creado a partir dunha meditada selección e combinación de elaboracións e variedades autóctonas da denominación de Orixe Ribeiro. Renacido é froito da calma tensa e da tranquilidade que aporta a superación e reconciliación coas túas raíces. Preséntoche a un bo amigo con moito carácter; é maduro e complexo, deixa que se abra e contarache a súa interesante historia.
< 15º C - Servizo: 10º C
Limitada a 2.500 botellas.
Treixadura 85%, Godello 10%, Albariño y Lado 5%.
Zona de transición atlántico – mediterráneo.
Ladeira de media e alta pendente (Terrazas) con orientacións sur e suroeste. Altura 150-200 m.
60 % textura areosa de granito, 30 % textura franco areosa de xistos, 10% textura franca de orixe sedimentario.
Maceración pelicular en frío das peles e posterior fermentación do mosto desfangado a baixa temperatura, pausada maduración en bodega durante 24 meses con mantemento sobre as súas lías finas das fermentacións sen batonage programado, con afinado durante 7 meses en barricas usadas de carballo francés de tostado lixeiro e o resto en depósito e botella.
Aireación 10 minutos
RENACIDO: Delicado, honesto e complexo.
Preséntase con brillantes tonalidades amarelo pallizo e reflexos verdes e desprega aromas de froita madura e pastelería, adornados con herbas aromáticas e meles; en boca resulta untuoso e fresco, salino e mineral, con intensa estrutura.
Rowse Honey
Sed ut perspiciatis unde omnis iste natus error sit.