MALDITO Tinto de Garda 2019...
Prezo
18,00
Botella de Maldito de Garda. Mencía: Viño Tinto D.O. Valdeorras. Sensual, intenso e elegante.
Colleita 2018
...Despois de 18 anos como Director Técnico da D.O. Ribeiro mudo de posición pero non de profesión e de paixón.
Embárcome nun novo e apaixonante proxecto que se basea en desenvolver viños de alta calidade nas distintas zonas tradicionais de produción vitícola de Galicia Viños cun carácter distinto, que innovan recuperando o pasado.
A miña experiencia e perspectiva profesional levoume á conclusión e convencemento de que o futuro do viño Galego está en recuperar as antigas elaboracións y neste proxecto aposto por elo, co obxecto de recuperar o verdadeiro carácter dos viños desta terra, mediante ancestrais y naturais procesos de elaboracións esquecidas, pero aplicando viticultura e enoloxía modernas, e respectuosas coa contorna e a viña.
Co obxectivo de recuperar o carácter dos viños desta terra, mediante ancestrais e naturais procesos de elaboracións esquecidos, pero aplicando viticultura e enoloxía modernas, e respectuosas coa contorna e a viña. Mediante esta filosofía de traballo conseguen elaborar viños con personalidade propia e que á vez expresan como ningún o carácter da contorna agroclimática, resultan viños diferentes á par que tradicionais, viños que grazas ao seu carácter atlántico, proceso de cultivo e elaboración, permiten unha longa garda en botella, converténdose en algo máis que o típico viño novo galego xeralmente coñecido.