ROCK & ROLL Mencía de Garda 2020 Sen D.O.
Botella de Rock&Roll: Viño Tinto de Garda. Sensual, intenso e elegante.
Colleita 2020
Variedades:Mencía, Caiño Longo, Garnacha.
Os pack de 2, 3 e 4 inclúen estoxo personalizado. Os de 5 e 6 botellas entréganse en caixa.
Botellas | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | >=6 |
Maldito | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Renacido | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Luxuria | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Rock&Roll | 20.00 | 19.50 | 19.33 | 19.00 | 18.80 | 18.67 |
Big Bang | 19.00 | 18.50 | 18.33 | 18.00 | 17.80 | 17.67 |
Pago 100% seguro con VISA, VISA ELECTRON, Maestro e Master Card.
Envío gratuíto en pedidos de máis de 2 botellas para España (península) e Portugal.
Devolucións nun prazo de 14 días naturais dende a recepción do pedido.
Para pedidos superiores a 48 botellas póñase en contacto.
Un viño de Garda, creado a partir dunha meditada selección e combinación de elaboracións e variedades autóctonas da denominación de Orixe Ribeira Sacra.
ROCK & ROLL nace da paisaxe e da excitación dos sentidos, do latido rítmico que acompaña momentos vibrantes e cheos de maxia. Preséntoche a un artista, a un rebelde de espírito libre. Escóitao, comparte o seu melódico éxtase e déixate emocionar.
15º C - Servicio: 15º C
Limitada a 2.000 botellas.
Mencía85%. Caiño tinto 10%. Garnacha 5 %
Zona de transición atlántico - continental con carácter de media montaña.
Ladeira de pronunciada pendente con orientación sur oeste e altura media de 350 metros.
Textura franco areosa - base de rocha granítica con sedimentación de limos e xistos.
Fermentación con maceración carbónica parcial (Pasta despalillada e acio enteiro) en depósito a temperatura controlada, pausada maduración en bodega durante 15 meses con mantemento sobre as súas lías finas procedentes das fermentacións sen batonage programado, con afinado en barricas usadas de carballo francés de tostados lixeiro durante 7 meses e o resto en depósito e botella.
Aireación 20 minutos
ROCK & ROLL: Sensual, untuoso e vibrante
Preséntase cun vivaz vermello picota e intensos reflexos violáceos e desprega sedutores aromas de froitas en frescas sazón e flores, aderezado con especias doces, lembranzas a pastelería e balsámicos; en boca ofrece intensas sensacións, resulta saboroso, fresco e vibrante con sedosa estrutura.
No hay ninguna opinión por el momento.