LUXURIA Branco de Garda 2020 D.O. Monterrei.
Botella de LUXURIA De Garda 2020 Viño Branco D. O. Monterrei. Delicado, honesto e complexo.
Colleita 2021
Variedades: Godello, Dona Blanca, Loureira.
Os pack de 2, 3 e 4 inclúen estoxo personalizado. Os de 5 e 6 botellas entréganse en caixa.
Botellas | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | >=6 |
Maldito | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Renacido | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Luxuria | 18.00 | 17.50 | 17.33 | 17.00 | 16.80 | 16.67 |
Rock&Roll | 20.00 | 19.50 | 19.33 | 19.00 | 18.80 | 18.67 |
Big Bang | 19.00 | 18.50 | 18.33 | 18.00 | 17.80 | 17.67 |
Pago 100% seguro con VISA, VISA ELECTRON, Maestro e Master Card.
Envío gratuíto en pedidos de máis de 2 botellas para España (península) e Portugal.
Devolucións nun prazo de 14 días naturais dende a recepción do pedido.
Para pedidos superiores a 48 botellas póñase en contacto.
Un viño de Garda, creado a partir dunha meditada selección e combinación de elaboracións e variedades autóctonas da denominación de Orixe Monterrei. LUXURIA xorde da ilusión e da paixón, de momentos emocionantes cheos de euforia e inspiración. Preséntoche a unha elegante sedutora, sociable e vital, ela é unha perigosa e irresistible tentación, déixate namorar e goza do momento.
< 15º C - Servicio: 8º C
Limitada a 3.000 botellas.
Godello 85%. Dona branca 10 %, Loureira 5%.
Zona continental de influenza atlántica e de montaña.
Ladeira de lixeira pendente con orientación noroeste e altura media de 430 metros.
75% textura franco - areosa de orixe granítico e 25% textura franco - arxilosa.
Criomaceración pelicular con neve carbónica, só da Dona Branca e a Loureira, lenta fermentación alcohólica do mosto desfangado a moi baixa temperatura, pausada maduración en bodega durante 15 meses con mantemento sobre as súas lías finas procedentes das fermentacións sen batonage programado, con afinado en barricas usadas de carballo húngaro e francés durante 4 meses e resto en depósito e botella..
Aireación 10 minutos
LUXURIA: Sedutora e elegante delicadeza.
Preséntase con brillantes tonalidades amarelo pálido e reflexos verdes, e desprega con aromas florais e cítricos, con fondo de herbas aromáticas e froitas de óso, aderezados con especias doces e tostados; en boca resulta fresco e vibrante á vez que saboroso e delicado, con lembranzas de especias e pastelería.
No hay ninguna opinión por el momento.